Galicia Crime

30 Ene Galicia Crime

[GALEGO]

Este pequeno post vai adicado á xente que participou na gravación de Galicia Crime, a webserie que estivemos a argallar a finais de 2016 e que hoxe mesmo estrea o seu terceiro capítulo. Grazas a todos os que participaron dalgún xeito na creación desta pequena gran aventura. Unha serie de humor policial ao máis puro estilo Naked Gun: humor absurdo, xogos de palabras, personaxes estrafalarios e algunha que outra crítica social encuberta.

Galicia Crime está ambientada nos Concellos Unidos, unha versión alternativa de Galicia, na que se mestura a cultura e os clichés estadounidenses coa idiosincrasia galega. Os seus protagonistas, o detective Dowson (Oswaldo Digón) e o sarxento Pillei (Pedro Brandariz) perseguen a asasinos bizarros axudados polo seu xefe o capitán Kowalsky (Pepo Suevos), a forense Andersen (Lucía Veiga) e o cadete García (Oscar Cruz).

Unha webserie concebida por cinco cómicos, xestada entre cafés e risas, sen máis pretensións que facer algo entre amigos que poidera chegar a un público amplo e chamar a atención pola súa orixinalidade. Galicia Crime, que hoxe chega á metade da súa primeira temporada, xa é un feito. Grazas a todos.

[CASTELLANO]

Este pequeño post va dedicado a la gente que participó en la grabación de Galicia Crime, la webserie que creamos en 2016 y que hoy mismo estrena su tercer capítulo. Gracias a todos los que participaron de alguna forma en la creación de esta pequeña gran aventura. Una serie de humor policial al más puro estilo Naked Gun: humor absurdo, juegos de palabras, personajes estrafalarios y alguna que otra crítica social encubierta.

Galicia Crime está ambientada en los Concellos Unidos, una versión alternativa de Galicia, en la que se mezcla la cultura y los clichés estadounidenses con la idiosincrasia gallega. Sus protagonistas, el detective Dowson (Oswaldo Digón) y el sargento Pillei (Pedro Brandariz) persiguen a asesinos bizaros ayudados por su jefe el capitán Kowalsky (Pepo Suevos), la forense Andersen (Lucía Veiga) y el cadete García (Óscar Cruz).

Una webserie concebida por cinco cómicos, gestada entre cafés y risas, sin más pretensión que hacer algo entre amigos que pudiera llegar a un público amplio y llamar la atención por su originalidad. Galicia Crime, que hoy llega a la mitad de su primera temporada, ya es un hecho. Gracias a todos.

No Comments

Post A Comment